Ola a todos os nosos seguidores de CENMARES:
Temos unha boa nova que contarvos. Pero antes faise necesario un pouco de historia:
Como ben sabedes os alumnos e alumnas de quinto coas súas profesoras, estamos no proxecto Abalar. Desde esta plataforma cada neno e nena dispón dun ordenador tipo Tablet para traballar coas novas tecnoloxías. Solo faltaba que tiveran un espazo para colgar os seus traballos, as súas opinións, escribir a información que buscaron noutros medios que lles interesou, aos que desde aquí queremos agradecer porque serviron de orientación para aprender un pouco máis e compartir nesta inmensidade que é internet.
Aprender a aprender foi o noso lema e así iniciamos a aventura dun novo blogue, no que o alumnado fose o protagonista principal. Ese blogue é "BLOGUEANDO EN CAMBRE".
Hoxe, 24 de maio, chamounos Romina desde o programa Prensa-Escola da Voz de Galicia para comunicarnos que concedérannos o terceiro premio.
Estamos moi contentos e ilusionados!!!
O vindeiro mércores, 29 de maio, saíremos no suplemento: La Voz de la Escuela e o sábado, 1 de xuño, daránnos o premio na festa de Voz Natura en Culleredo, no complexo deportivo de Acea da Ma.
Aviso de controles
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Os meus parabéns tanto aos nenos coma ás súas mestras Carmen e Xefa. Con este traballo non só aprenden eles tamén introdúcennos a nós, os pais, en novos programas é a familiarizarnos con novos conceptos e palabras. Segide así e xa veredes como o próximo ano acadades o primeiro posto.
ResponderEliminarMoitas grazas por eses ánimos!!!
EliminarParabéns a todos e a todas por ese premio. Desde a aula de 3º B animámosvos a seguir traballando.
ResponderEliminarCando queirades podedes vir á nosa aula para explicarnos como estades a traballar. Temos moitas ganas de aprender!
Un saúdo.
3º B de Primaria
Parabéns dende a aula de 3º B por ese premio e polo traballo que estades a facer.
ResponderEliminarCando queirades podedes vir a ensinarnos como estades a traballar. Temos moitas ganas de aprender!
Ánimo e a seguir traballando así.