Aviso de controles

Ola rapazas e rapaces: Estamos na última semana de curso. Coa orla de sexto na mán e o recordo dun día importante da vosa vida, donde remata unha etapa e iníciase dentro de moi pouco outra tan importante. Lembrade os dous consellos máis importantes que vos transmitimos: Ter un bo corazón e a cabeciña ben "amoblada"

viernes, 24 de mayo de 2013

"Blogueando en Cambre" recibiu o 3º premio do programa Prensa-Escola da Voz de Galicia !!!

Ola a todos os nosos seguidores de CENMARES:
Temos unha boa nova que contarvos. Pero antes faise necesario un pouco de historia:
Como ben sabedes os alumnos e alumnas de quinto coas súas profesoras, estamos no proxecto Abalar. Desde esta plataforma cada neno e nena dispón dun ordenador tipo Tablet para traballar coas novas tecnoloxías.  Solo faltaba que tiveran un espazo para colgar os seus traballos, as súas opinións, escribir a información que buscaron noutros medios que lles interesou, aos que desde aquí queremos agradecer porque serviron de orientación para aprender un pouco máis e compartir nesta inmensidade que é internet.
Aprender a aprender foi o noso lema e así iniciamos a aventura dun novo blogue, no que o alumnado fose o protagonista principal. Ese blogue é "BLOGUEANDO EN CAMBRE".
Hoxe, 24 de maio, chamounos Romina desde o programa Prensa-Escola da Voz de Galicia para comunicarnos que concedérannos o terceiro premio.
Estamos moi contentos e ilusionados!!!
O vindeiro mércores, 29 de maio, saíremos no suplemento: La Voz de la  Escuela e o sábado, 1 de xuño, daránnos  o premio na festa de Voz Natura en Culleredo, no complexo deportivo de Acea da Ma.

post dividers photo:  trennlinie82.png
post dividers photo:  trennlinie82.png

As 10 claves para usar Internet con seguridad

post dividers photo:  trennlinie82.png

Entradas populares