Ola a todos os nosos seguidores de CENMARES:
Temos unha boa nova que contarvos. Pero antes faise necesario un pouco de historia:
Como ben sabedes os alumnos e alumnas de quinto coas súas profesoras, estamos no proxecto Abalar. Desde esta plataforma cada neno e nena dispón dun ordenador tipo Tablet para traballar coas novas tecnoloxías. Solo faltaba que tiveran un espazo para colgar os seus traballos, as súas opinións, escribir a información que buscaron noutros medios que lles interesou, aos que desde aquí queremos agradecer porque serviron de orientación para aprender un pouco máis e compartir nesta inmensidade que é internet.
Aprender a aprender foi o noso lema e así iniciamos a aventura dun novo blogue, no que o alumnado fose o protagonista principal. Ese blogue é "BLOGUEANDO EN CAMBRE".
Hoxe, 24 de maio, chamounos Romina desde o programa Prensa-Escola da Voz de Galicia para comunicarnos que concedérannos o terceiro premio.
Estamos moi contentos e ilusionados!!!
O vindeiro mércores, 29 de maio, saíremos no suplemento: La Voz de la Escuela e o sábado, 1 de xuño, daránnos o premio na festa de Voz Natura en Culleredo, no complexo deportivo de Acea da Ma.
Aviso de controles
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Las claves del éxito escolar: página 3 del suplemento.
As 10 claves para usar Internet con seguridad
Enlaces para jugar y aprender
Entradas populares
-
Para practicar o estudado na clase tedes aquí un recurso que considero útil : un planisferio interactivo. Fai clic na imaxe e a aprender!...
-
Ola a todos e todas: Hoxe ás once entregamos o voso historial académico de Primaria. Con el queremos despedir esta etapa e desexarvos todo...
-
Para la elaboración de los textos argumentativos, debemos pensar de igual forma que si preparáramos una receta de cocina. Cuando quieres...
Os meus parabéns tanto aos nenos coma ás súas mestras Carmen e Xefa. Con este traballo non só aprenden eles tamén introdúcennos a nós, os pais, en novos programas é a familiarizarnos con novos conceptos e palabras. Segide así e xa veredes como o próximo ano acadades o primeiro posto.
ResponderEliminarMoitas grazas por eses ánimos!!!
EliminarParabéns a todos e a todas por ese premio. Desde a aula de 3º B animámosvos a seguir traballando.
ResponderEliminarCando queirades podedes vir á nosa aula para explicarnos como estades a traballar. Temos moitas ganas de aprender!
Un saúdo.
3º B de Primaria
Parabéns dende a aula de 3º B por ese premio e polo traballo que estades a facer.
ResponderEliminarCando queirades podedes vir a ensinarnos como estades a traballar. Temos moitas ganas de aprender!
Ánimo e a seguir traballando así.