Aviso de controles

Ola rapazas e rapaces: Estamos na última semana de curso. Coa orla de sexto na mán e o recordo dun día importante da vosa vida, donde remata unha etapa e iníciase dentro de moi pouco outra tan importante. Lembrade os dous consellos máis importantes que vos transmitimos: Ter un bo corazón e a cabeciña ben "amoblada"

martes, 28 de enero de 2014

A ENTREVISTA : un xénero xornalístico.

Grazas, unha vez máis, a todos os que comparten  con nós o seu traballo.







Unha entrevista é unha conversación. Ou, mellor dito, a transcrición dunha conversación.


Algúns pasos que se adoitan dar para facer unha son:

Paso 1. Elixir a quen entrevistar.
Podes buscar unha persoa experta, alguén relevante ou un testemuño. A persoa experta coñece moito sobre a materia que te interesa, a persoa "relevante" pode ser alguén que dirixe unha empresa ou un colexio, un concelleiro ou unha concelleira, ou un líder do barrio e a persoa que che dá o testemuño é alguén parte desa historia: foi protagonista nun acto ou afectoulle algún problema directa ou indirectamente. Pode ser perfectamente unha compañeira da túa clase ou un veciño do teu edificio.

Paso 2. Prepara a entrevista.
Primeiro, adóitase buscar e ler algo de información sobre o feito e a persoa que vas entrevistar.
Logo, prepara as preguntas. Poden ser preguntas sobre como empezou todo, que aconteceu exactamente, as súas impresións persoais, as consecuencias
Fai a entrevista. Sen présas. Escoita sen interromper. Tomando notas ou gravando.

Paso 3. Redactar!
Transcribe a entrevista o antes posible, para que non esquezas detalles como o ton de voz, as cores do lugar ou as palabras concretas que usou a persoa.
No título, podes poñer unha das frases máis interesantes da persoa entre comiñas. No texto, ao empezar, adóitase indicar quen é e en que traballa ou relación ten co feito.
Na presentación pódese engadir unha descrición, biografía e por que o entrevistamos.
Ao redactar, podes elixir forma directa (PreguntaRespuesta) ou indirecta, que necesita ser redactada para integrar as preguntas e respostas nun texto corrido. Podes tamén seleccionar, eliminando as respostas irrelevantes ou completar as frases defectuosas ou difíciles de entender.


Pois xa tes algunhas pistas que podes seguir ou non seguir porque, dende logo, a comunicación tamén é cuestión de creatividade, de poñerlle a túa personalidade e ideas ás cousas que contas.



MODELOS DE ENTREVISTAS






No hay comentarios:

Publicar un comentario

post dividers photo:  trennlinie82.png
post dividers photo:  trennlinie82.png

As 10 claves para usar Internet con seguridad

post dividers photo:  trennlinie82.png

Entradas populares